Cursos de apoyo a los Programas de Atención a la Diversidad

Espacio virtual para Atención a la diversidad en las materias de Ciencias de ESO

A Terra é o único planeta do sistema solar que ten auga en grandes cantidades e nos tres estados (líquido, sólido e gasoso). Nun futuro próximo poderemos colonizar outros planetas como Marte, pero isto só será posible se logramos atopar auga neles. Por que é tan importante a auga? Que propiedades ten? Como cambia de estado? Todos os materiais cambian de estado? Que outros materiais son necesarios para a vida? Que é un organismo vivo? Cantos organismos vivos distintos hai? Hai vida noutras galaxias? Que é unha galaxia? Que ten de especial o noso planeta para poder albergar vida?... Se queres atopar resposta a estas e outras cuestións… sube ao carro!